A carón do pobo
As Enchousas //
Foi este un caso típico de actuación caciquil, pola que o arrendador abusando da ignorancia lexislativa dos labregos arrendatarios, pretendeu botalos das súas terras comezando pola destrución dunha casa co apoio da garda civil, onde Moncho cos seus moradores e varios veciños alí refuxiados intentaron resistir aturando as balas de goma e botes de fume cos que os forzaban a saír para, ao final, ser detido xunto con varios labregos.
A partires de entón, sucedéronse as manifestacións de apoio aos veciños por parte das CC. LL. e a solidariedade de traballadores de Ferrol para restituír a casa derribada.


0 Comments