Moncho Valcarce 1935 – 1993

Unha vida de compromiso //

Moncho Valcarce

“O seguimento a Xesús ten que empuxar a un galego a comprender a realidade do seu País, a sentirse membro dunha nación privada de soberanía. O seguimento empuxa a destruír ferreas murallas que impiden loitar no amor para que desapareza toda explotación, para que a súa nación se lle recoñeza o dereito e o deber de organizarse politicamente”.

Moncho Valcarce

“O meu servizo político na loita, onte polas chamadas liberdades democráticas, hoxe no campo sindical agrario e en cargos públicos, foi unha obriga á miña fidelidade a Xesús e ao meu amor ao pobo, que non son cousas diferentes, senón unha soa Fe e un só Amor”.

Moncho Valcarce

“O compromiso liberador consiste en identificarse radical e combativamente cos que sofren o peso da opresión, para colaborar na conquista dunha nova Galiza e dun novo mundo”.

Moncho Valcarce

“Se erguemos muros entre uns e outros, alá vai a esencia do grupo como comunidade. É difícil ser un Xoán Bautista, como é difícil amar a todos, aos pobres -os máis- loitando con eles, aos que teñen o poder económico denunciándoos, opoñándonos aos seus planos”.

Moncho Valcarce

“Non se pode ser cristián e ordenado presbítero, sen asumir un compromiso liberador, pois somos fillos dunha Terra oprimida, á que se lle negan os dereitos tan esenciais como o da autodeterminación, na que malviven xentes explotadas e marxinadas, devoradas por un neocolonialismo brutal”.

Moncho Valcarce

“O termo política contemplámolo á luz de Servizo, como función pedagóxica, actividade orientada á educación do pobo, no sentido de despertar o espíritu de corresponsabilidade social e crítica. Despertar a necesidade de organizarse para loitar con garantías de triunfo contra as agresións, contra as inxusticias que a diario sofre”.

Moncho Valcarce

“A miña concienza galega aumenta na medida que profundizo a fe e no que me esixe o ser cristián, ordeado presbítero en Galiza. Non podo separar fe, presbiterado e concienza de ser galego”.

Moncho Valcarce

“Defender os dereitos nacionais, consecuencia do seguimento, non supón absolutizar a idea de patria ou nación; todo o contrario, pois desde o concreto vívese aberto a outras necesidades e a outros pobos, e desde Galiza e para Galiza, compréndese que se traballa pola fraternidade universal conquistada por Cristo na resurrección”.

Irmandade Moncho Valcarce

A Irmandade //

A Irmandade Moncho Valcarce é unha asociación legalizada, impulsada pol@s que fomos amig@s, compañeir@s e familiares de Moncho, aberta a tod@s @s que se identifiquen cos valores que el defendía, e coa misión de perpetuar a memoria deste crego como exemplo de entrega e compromiso co pobo galego, así como a de difundir o seu pensamento, expandir o seu significado humano e dignificar e potenciar a súa figura como persoeiro histórico do agrarismo dende unha perspectiva nacionalista. Precisamente, por ser Moncho un símbolo do inconformismo labrego, creamos un “Centro de documentación agrarista” onde se recopila todo tipo de documentos e bibliografía ao respecto e, sobre todo, o material relativo ás loitas agrarias nas que Moncho participou activamente.

Creamos no seu día os “Premios Moncho Valcarce” para distinguir a aquelas persoas ou colectivos que destacaran ao longo do tempo na defensa dos dereitos políticos, sociais e culturais que nos corresponden como pobo.

Realizamos unha exposición composta por 22 paneis que leva o título de  “Moncho Valcarce, unha vida de compromiso” e que está recorrendo a xeografía do País hai xa máis de 15 anos.

Potenciamos as iniciativas propias ou de outras entidades para a publicación de bibliografía referida a figura de Moncho.
En definitiva promover todo aquelo que axude a profundizar na figura de Moncho Valcarce,  apoiar e potenciar – como defendeu Moncho no seu día – a loita da sociedade civil organizada.

Queres formar parte da irmandade de Moncho Valcarce, colaborar ou contactar connosco? Escríbenos!

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.

Google Analytics

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.