Lembranzas
Moncho Valcarce //
A memoria de Moncho permanece viva en varios lugares que decidiron perpetuar o seu nome como homenaxe a unha persona singular, desas que os pobos dan en contadas ocasións e que, polo tanto, resulta unha obriga moral recordalas polo exemplo que representan para as xeracións presentes e futuras.
*A Navalla do Manuel é un icónico obxecto labrego que entrega a Fundación Manuel María e a Asociación Xermolos a persoeiros destacados. Entregouse o ano 2018 a título póstumo a Moncho Valcarce no 25 cabodano do seu pensamento.