- This event has passed.
Aberto de billarda Moncho Valcarce
1 de Febreiro de 2025 | 9:00 a.m.

Un ano mais celebrouse o “Aberto de billarda Moncho Valcarce” en Pontoxo (As Encrobas). Nesta XI edición xuntáronse 50 planeadoras e planeadores nunha xornada de confraternidade e reivindicación. Membros da Asociación Encrobas Viva estiveron presentes no acto de homenaxe a Moncho e ás mulleres e homes das Encrobas que loitaron e loitan hoxe en día pola súa terra e polos seus dereitos. Dende a Irmandade queremos agradecer o esforzo d@s organizador@s por manter este aberto que leva o nome de Moncho Valcarce.
