- This event has passed.
X aberto de billarda Moncho Valcarce
28 de Xaneiro de 2024 | 12:00 a.m.

O Domingo día 28 de Xaneiro celebrouse en Pontoxo (As Encrobas) o X aberto de billarda Moncho Valcarce. É esta unha iniciativa do equipo de billarda “Os cochiqueiros” para homenaxear a Moncho e na que participan equipos de toda Galicia. Este ano reuníronse arredor dun cento de persoas que servíu non só para competir deportivamente senón para pasar unha xornada de convivencia e confraternización.
Durante a entrega dos premios diante do busto de Moncho levouse a cabo un acto de homenaxe ao “cura das Encrobas” no que se glosou a súa figura e a súa trascendencia demostrando que a súa semente está viva.
Dende a Irmandade queremos agradecer un ano máis aos cochiqueiros o feito de darlle o nome de Moncho Valcarce ao aberto e seguir reivindicando a súa figura como ún dos referentes da nosa historia recente.
