- This event has passed.
O Concello da Coruña inaugura unha rúa dedicada a Manuel Espiña
28 de Febreiro de 2011

O 28 de febreiro de 2011 o Concello da Coruña inaugurou unha rúa dedicada a Manuel Espiña coa asistencia do alcalde acompañado de varios membros da corporación municipal, das irmás, e de compañeiros/as da Comunidade Cristiá Home Novo. Así mesmo contou, tamén, coa presencia de membros da irmandade Moncho Valcarce, militantes do BNG e público en xeral para quen era unha persoa moi querida.
O sacerdote Manuel Espiña (1933-2010) foi vicepresidente da Irmandade Moncho Valcarce. A súa íntima amizade con este crego, o seu compromiso con Galiza e o galego e a súa activa participación e axuda á Irmandade, fai que a súa memoria permaneza sempre entre os que a conformamos.
