- This event has passed.
IX Aberto de Billarda “Moncho Valcarce”
1 de Febreiro de 2023 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O pasado 29 de Xaneiro do 2.023 celebrouse en Pontoxo (As Encrobas) o IX Aberto de Billarda “Moncho Valcarce”. Esta é unha iniciativa do equipo de billarda das Encrobas que como homenaxe a Moncho levan celebrando dende hai nove anos.
Foi unha xornada entrañable na que compartimos todos os equipos coas súas familias e membros da Irmandade – unha festa lúdico-deportiva.
Tivemos ocasión, na entrega dos Premios ós gañadores, de falar polo miúdo da figura de Moncho e o que éste representou.
Queremos agradecer o xesto da dar o nome de Moncho a ésta competición e aplaudir o esforzo por potenciar e reivindicar ún dos xogos populares máis icónicos de Galicia.
