- This event has passed.
Homenaxe popular a Moncho Valcarce no seu 20 aniversario
31 de Agosto de 2013

O sábado 31 de agosto de 2013 celebrouse nas Encrobas (Cerceda), no lugar de Pontoxo, unha Homenaxe popular en memoria de Moncho Valcarce. Pola mañán fíxose unha Ofrenda floral e unha Homenaxe poético-musical (Pilar Pallares, Manuel Lugris, Xosé Fraga, Xulio L. Valcarce, Ramón Vilar; Xosé Elías Ramil, Baldomero Iglesias, Luis Liñares e Xosé Taboada) que rematou co Himno galego. Pola tarde, despois do Xantar, tivo lugar un acto da Irmandade coa Entrega dos “Premios Moncho Valcarce” pola Promoción da Terra e pola Defensa da Terra, unha dedicatoria aos premiados e actuacións músico-vocais das pandereteiras das Encrobas, Lydia Botana “Bolboreta”, César Morán, Paco Campos, Xosé Taboada e A Quenlla.
