- This event has passed.
HOMENAXE A MONCHO VALCARCE
31 de Xaneiro | 12:00 a.m. - 11:30 p.m.

O pasado 31 de Xaneiro coincidindo co 33 cabodano do pasamento de Moncho Valcarce o grupo de barrio do B.N.G. de Monte Alto celebrou, como todos os anos, unha ofrenda floral e homenaxe no cemiterio de S.Amaro na cidade de A Coruña.
Destacouse a vixencia do pensamento e do activismo de Moncho ligado sempre ás clases populares e a defensa dos dereitos nacionais de Galicia. Intervíu como invitado Xosé Ramón Cendán, dirixente do Sindicato Labrego Galego, membro da Directiva da Irmandade Moncho Valcarce e persoa cercana a Moncho.
Tanto Xosé Ramón como Fran Rei – secretario de Organización do B.N.G. da Coruña – coincidiron en sinalar que Moncho Valcarce estaría hoxe implicado nas movilizacións contra o acordo entre a UE e Mercosur, suliñando que ise acord quita dereitos ás persoas e dállos ás grandes financieiras e multinacionais
Gardouse un minuto de silencio na memoria de Francisco García, Alcalde Allariz e secretario de organización do B.N.G. ún dos grandes referentes do nacionalismo galego.
Rematou o acto coa interpretación do Imno galego
