Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Acto en memoria dos sucesos ocurridos o 27 de novembro de 1922

26 de Novembro de 2006

A Irmandade Moncho Valcarce participou o día 26 de novembro do 2006 nos actos que se celebraron en Sobredo, parroquia de Guillarei do concello de Tui, en memoria dos sucesos ocorridos o 27 de novembro de 1922, nos que houbo un enfrontamento dos veciños coa garda civil para impedir o embargo de terras por non pagar os foros, e que rematou coa morte de tres persoas do lugar e feridas varias máis. Un monumento ergeuse, entón, en conmemoración daqueles feitos, e todos os anos xúntase a xente ao seu redor para non esquecelos. Invitados polos organizadores do evento, Confederación Galega de Asociacións Veciñais e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común, quen dedicou unha homenaxe a Moncho Valcarce resaltando tamén o seu agrarismo, os membros da Irmandade alí presentes agradecimos este xesto á vez que realizamos unha ofrenda floral na memoria dos chamados mártires de Sobredo.

Detalles

Data:
26 de Novembro de 2006