Billarda en homenaxe a Moncho Valcarce nas Encrobas //
Na mañá do domingo 30 de xaneiro, As Encrobas foi escenario, un ano máis, dunha sentida homenaxe a Moncho Valcarce por parte da comunidade billardeira contribuíndo deste xeito a perpetuar a súa memoria como exemplo de entrega e compromiso coa xente.

Na mañá do domingo 30 de xaneiro, As Encrobas foi escenario, un ano máis, dunha sentida homenaxe a Moncho Valcarce por parte da comunidade billardeira contribuíndo deste xeito a perpetuar a súa memoria como exemplo de entrega e compromiso coa xente. Máis de 40 palanadoras e palanadores dos equipos da Laracha, Paiosaco, Cerceda e A Coruña e tamén das Rías Baixas, Compostela e incluso das Canarias reuníronse en Pontoxo para xogar á billarda e compartir sentimentos, emocións, cultura, deporte e gastronomía nunha xornada organizada polo equipo local Cochiqueiros da Billarda en colaboración coa Federación Galega de Deporte Autóctono (FGDEPAU) e a A.C. Lucerna de Cerceda. No aspecto deportivo salientar o grande abano xeracional das participantes na xornada e destacar a alta participación de nenos, algúns dos cales debutaban xogando á billarda. A entrega de premios desenvolveuse a carón do busto de Moncho onde cunhas emotivas verbas se lembrou a súa figura, os valores que defendía e a súa entrega e compromiso na defensa dos dereitos das veciñas e veciños das Encrobas. A xornada rematou coma sempre cos presentes entoando a Cantiga das Encrobas.

 

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

  • Responsable do tratamento: Irmandade Moncho Valcarce SL.
  • Finalidade: Atender e contestar a súa consulta.
  • Lexitimación: Consentimento expreso dos interesados.
  • Destinatarios/as: Non se ceden datos a terceiros/as.
  • Dereitos: Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, tal e como detallamos na información adicional sobre protección de datos.
  • Información adicional: Para máis información visita a nosa Política de privacidade.


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.