Moncho Valcarce 1935 – 1993

Unha Vida de Compromiso //

Moncho Valcarce

“O compromiso liberador consiste en identificarse radical e combativamente cos que sofren o peso da opresión, para colaborar na conquista dunha nova Galiza e dun novo mundo”.

Moncho Valcarce

“Non se pode ser cristián e ordenado presbítero, sen asumir un compromiso liberador, pois somos fillos dunha Terra oprimida, á que se lle negan os dereitos tan esenciais como o da autodeterminación, na que malviven xentes explotadas e marxinadas, devoradas por un neocolonialismo brutal”.

Moncho Valcarce

“Defender os dereitos nacionais, consecuencia do seguimento, non supón absolutizar a idea de patria ou nación; todo o contrario, pois desde o concreto vívese aberto a outras necesidades e a outros pobos, e desde Galiza e para Galiza, compréndese que se traballa pola fraternidade universal conquistada por Cristo na resurrección”.

Moncho Valcarce

“O seguimento a Xesús ten que empuxar a un galego a comprender a realidade do seu País, a sentirse membro dunha nación privada de soberanía. O seguimento empuxa a destruír ferreas murallas que impiden loitar no amor para que desapareza toda explotación, para que a súa nación se lle recoñeza o dereito e o deber de organizarse politicamente”.

Moncho Valcarce

“O termo política contemplámolo á luz de Servizo, como función pedagóxica, actividade orientada á educación do pobo, no sentido de despertar o espíritu de corresponsabilidade social e crítica. Despertar a necesidade de organizarse para loitar con garantías de triunfo contra as agresións, contra as inxusticias que a diario sofre”.

Moncho Valcarce

“Se erguemos muros entre uns e outros, alá vai a esencia do grupo como comunidade. É difícil ser un Xoán Bautista, como é difícil amar a todos, aos pobres -os máis- loitando con eles, aos que teñen o poder económico denunciándoos, opoñándonos aos seus planos”.

Moncho Valcarce

“O meu servizo político na loita, onte polas chamadas liberdades democráticas, hoxe no campo sindical agrario e en cargos públicos, foi unha obriga á miña fidelidade a Xesús e ao meu amor ao pobo, que non son cousas diferentes, senón unha soa Fe e un só Amor”

Moncho Valcarce

“A miña concienza galega aumenta na medida que profundizo a fe e no que me esixe o ser cristián, ordeado presbítero en Galiza. Non podo separar fe, presbiterado e concienza de ser galego”.

Irmandade Moncho Valcarce

Últimas Publicacións //

Actividades //

Foros //

FiltroTodosAbertoResoltoPechadoSen resposta
Síntoo, pero nada coincide co teu filtro

Últimas Novas //

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Moncho Valcarce

A Irmandade //

A Irmandade Moncho Valcarce é unha asociación legalizada, impulsada polos que fomos amigos, compañeiros e familiares de Moncho, aberta a todos os que se identifiquen cos valores que el defendía, e coa misión de perpetuar a memoria deste crego como exemplo de entrega e compromiso co pobo galego, así como a de difundir o seu pensamento, expandir o seu significado humano e dignificar e potenciar a súa figura como persoeiro histórico do agrarismo dende unha perspectiva nacionalista. Precisamente, por ser Moncho un símbolo do inconformismo labrego, creamos un “Centro de documentación agrarista” onde se recopila todo tipo de documentos e bibliografía ao respecto e, sobre todo, o material relativo ás loitas agrarias nas que Moncho participou activamente.

queres formar parte da irmandade de Moncho Valcarce ou colaborar connosco? Escríbenos!