1. A SUA VIDA

1.5 Últimos anos

Incómodo para a xerarquía eclesiástica, esta fixo todo o posible para alonxalo da política enviándoo en 1987 a Salamanca, coa disculpa de realizar un curso teolóxico na Universidade Pontificia. Este ano sabático foi moi ben aproveitado por Moncho para reflexionar fondamente sobre a súa actitude como crego, reflectida no seu traballo de fin de curso "O compromiso político dun presbítero nunha realidade concreta: Galiza".

 











Ao voltar de Salamanca foi destinado ao concello das Pontes. Alí formou parte dun equipo pastoral e levou varias parroquias. Sempre inquedo e activo, participou en programas de radio, foi vicepresidente dun grupo ecoloxista: "Niño de Azor", colaborou coas CC. LL. da zona e deu clases no instituto da vila.

No outono de 1991 empeza a atoparse mal, descúbreselle un cancro irreversible, o seu aspecto cambia drasticamente até caer postrado na cama. Mostra unha entereiza e dignidade pouco comúns fronte ao sofrimento que padecía. Escribe un diario, e recibe a multitude de amigos sempre co humor que lle caracterizaba. Morre o 1 de febreiro de 1993 cando tiña 57 anos de idade. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro da súa cidade natal cuberto coa bandeira nacionalista, ao son do himno galego, despedido cos versos de Bouza Brey e rodeado dos que o quixeron en vida...

Ver video

1.1 Primeiros anos
1.2 O paso polo seminario
1.3 Un labor pastoral diferente
1.4 Militancia política
1.5 Últimos anos