1. A SUA VIDA

1.2 O paso polo seminario

Moncho, aberto cara o exterior pero cunha intensa vida interior que lle levou a unha fonda reflexión sobre a súa existencia e futuro, decidiu facerse sacerdote. Entra no seminario maior de Compostela en 1959, onde pronto se sinte incómodo fronte ao tipo de educación que alí se daba, polo que marchou estudar teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma.

 


En Roma contacta con grupos de cataláns, vascos e andaluces nos que observa un orgullo identitario. El mesmo empeza a tomar concienza do seu ser galego integrándose nun grupo que denominaban "Irmandiños", co desexo de volver á Terra para poñer a súa vocación ao servizo do pobo.



En 1967 regresa ao seminario de Santiago onde manifesta a súa forte personalidade denunciando a educación arcaica, submisa, incluso reaccionaria e colonizadora que alí se daba, o que lle valeu a expulsión acusado de "axitador de tendencia comunista". Desterrado na Coruña baixo a tutela do sacerdote Manuel Espiña, e grazas á súa axuda, conseguiu que o volveran a admitir no seminario, rematando, por fin, os seus estudos de seminarista.

   

1.1 Primeiros anos
1.2 O paso polo seminario
1.3 Un labor pastoral diferente
1.4 Militancia política
1.5 Últimos anos