1. A SUA VIDA

1.4 Militancia política

Porén, a súa identificación cos problemas dos labregos cunha Terra de seu, fixo que orientara cara eles a súa actividade, entrando en relación con xente ligada ao nacionalismo e integrándose nos CALL (Comités de Axuda a Loita Labrega) organización de apoio ás CC. LL. (Comisións Labregas).

 

Definida xa a súa opción ideolóxica nacionalista non tivo reparo en participar activamente na política, militando na AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e participando nas primeiras eleccións dos comezos da democracia en 1977 como senador do BN-PG (Bloque Nacional-Popular Galego).

En 1979 foi elixido concelleiro de Culleredo por esa coalición, edilato que conservou durante oito anos. Na segunda lexislatura, xa como membro do BNG, formou parte do goberno de coalición co PSOE como tenente de acalde, presidente da comisión de Educación e Deportes e da de Cultura, levou unha plena actividade nestes campos, ademais de pular pola democratización, a galeguización e a xustiza social no concello.



1.1 Primeiros anos

1.2 O paso polo seminario
1.3 Un labor pastoral diferente
1.4 Militancia política
1.5 Últimos anos