1. A SUA VIDA

1.3 Un labor pastoral diferente

Ordénase sacerdote o 19 de novembro de 1969, aos 34 anos de idade. Foi destinado ás parroquias de Sésamo e Sueiro, do concello de Culleredo da Coruña. Alí puxo en práctica a súa singular concepción presbiterial. Fixo da casa de Deus a casa do pobo e converteu a igrexa nun centro social que encheu de actividades de cultura popular.

   

 

O carácter participativo das misas (na súa prédica animaba á intervención dos fregueses, daba a comuñón con pan centeo e viño do ribeiro) a gratuidade nos servizos, a eliminación dos confesionarios, a introdución do galego como lingua litúrxica, así como as súas proclamas contra o caciquismo e as inxustizas, daban idea do innovador labor pastoral que desenvolveu.  


A rectoral na que vivía abriu as súas portas á comunidade, e numerosos mozos e mozas con arelas de cambio nun contexto ditatorial tiveron alí un lugar de liberdade para expresar as súas inquedanzas e proxectos, os seus soños humanista ou revolucionarios. Foi refuxio de loitadores antifranquistas, dos seus materiais e dos seus trebellos de impresión clandestina, alí editouse, cun grupo de nozos, unha revista crítica "Outeiro de San Cosme", orientada ás reivindicacións dos veciños das parroquias que levaba.

 



 


Colabora cos partidos políticos da oposición. Ao principio co PC e co PCI, a raiz do cal foi detido en Betanzos nunha reunión clandestina onde, despois de pasar varios días nos calabozos da garda civil, foi, pola súa condición de crego, enviado en arresto substitutorio ao mosteiro de Poio.

 

   
1.1 Primeiros anos
1.2 O paso polo seminario
1.3 Un labor pastoral diferente
1.4 Militancia política
1.5 Últimos anos